Descripción
Melchor Sabichón podería ser o neno máis listo do planeta, ou polo menos o máis listo do seu país ou da súa vila. Era moi listo, sabíao todo, sabía de todo. Cada cousa que vía chamaba a súa atención e estudábaa. Sabía de dinosauros, mamíferos, serpes, ríos e montes, batallas, reis, estrelas e planetas, astronautas, e de case calquera cousa que un poida imaxinar… Melchor Sabichón preséntase ao concurso «Na busca do neno máis listo» pero, malia ter preparado moitos e moi sesudos temas, non esperaba enfrontarse a unha materia descoñecida: os pés. O protagonista atopará nun libro todo canto necesita saber sobre esa parte das extremidades inferiores: os tipos de pés, a súa anatomía e a función que cumpren para que poidamos camiñar e correr, o número de ósos que teñen, curiosidades sobre as unllas ou as pegadas que deixamos…





Valoraciones
No hay valoraciones aún.