Descripción
Como podía el saber que a nena non tiña nai? E tampouco tiña pai, ou polo menos non o tiña naquela casa. Vivía soíña en Vilapenela. Aínda que para ser exactos, non completamente soa, porque o seu cabalo vivía na solaina, e tiña, ademais, un moniño chamado Señor Nilsson. Pero alguén que chegase desde outros lugares non tería nin idea diso… Pippi Mediaslongas ten a capacidade de converter nunha aventura abraiante calquera cousa que faga, dende ir de compras ata facer unha excursión. Canda os seus inseparables Tommy e Annika, o cabalo e o señor Nilsson, Pippi xoga a ser como Robinson Crussoe indo ata a illa dun pequeno lago, onde mesmo lanza unha mensaxe de rescate nunha botella. Porque así é esta nena especial e única: explora os límites da audacia e da imaxinación, cuestiona a lóxica establecida, fai da espontaneidade e do humor a súa bandeira.





Valoraciones
No hay valoraciones aún.